Máis de 60 establecementos participan no Truco ou Trato do casco histórico, que terá novidades

  • O s

ábado día 29 ás 12 da mañá haberá un obradoiro de pintado de caras xestionado por Aluma Peluquerías e a libraría infantil El Faro de los Tres Mundos.

  • Para o luns 31, a Asociación organiza, un ano máis, a exitosa actividade de "truco ou trato" na que este ano participan máis de 60 locais, que repartirán doces de balde aos nenos.

  • O tamén xa habitual fondo fotográfico, obra de Lucía Barrios, estará no local de Ajuar Decoración da Galería que comunica Campo Castelo coa Praza Maior.

  • Haberá un pasarrúas do grupo Troula grazas á colaboración da Asociación Lugo Monumental e o Concello de Lugo.

Lugo Monumental retoma un ano máis as actividades de Samaín, e engade ao seu xa coñecido "truco ou trato" e o fondo fotografico, dúas actividades máis: un obradoiro de pintado de caras e un pasarrúas.


Obradoiro:


Terá lugar o sábado día 29 dende as 12 da mañá na Praza de San Marcos, fronte á Deputación Provincial. No caso de que o tempo non o permita, o obradoiro se trasladará ao salón de actos da Deputación.


O obradoiro consistirá nunha demostración feita polos maquilladores de Aluma Peluquerías, que levarán varios modelos de maquillaxe de Samaín e explicarán aos pais e nais dos nenos cómo facer unha caracterización.


É preciso anotarse na libraría infantil El Faro de los Tres Mundos.


Fondo fotográfico e Truco ou trato:


O día 31 estará instalado o habitual fondo fotográfico deseñado por Lucía Barrios no local de Ajuar Decoración da Galería que comunica Campo Castelo coa Praza Maior.


Ese mesmo día haberá a exitosa actividade de Truco ou Trato


O funcionamento non pode ser máis sinxelo: máis de 60 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.


• Listaxe de establecementos

  • Na web www.lugomonumental.es estarán as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes.

  • PLANO: Plano de establecementos

• Días e horarios:

  • O Truco ou trato será o día 31 (luns) e os horarios serán os de cada establecemento.


• ¿Os nenos teñen que estar disfrazados?

  • Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.

• ¿É necesaria inscrición?

  • Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais.


Pasarrúas:


O día 31 entre as 19:30 e as 20:30 horas haberá un pasarrúas do grupo Troula grazas á financiación conxunta, froito da colaboración entre a Asociación Lugo Monumental e o Concello de Lugo a través da iniciativa Localmente Lucense.


O pasarrúas será moi vistoso, xa que combina personaxes de medo e incluso lume, polo que animamos a todos os lucenses a buscalo polas rúas do centro amurallado.

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square