Lugo Monumental prepara actividades para un terrorífico e doce Samaín

29/10/2019

 

 Busca este cartel para achar os locais que ofrecen doces aos nenos

 

  • 46 locais participarán na actividade de “Truco ou trato” que fará que os nenos podan obter doces durante todo o día 31 de outubro.
     

  • Un escenario terrorífico, cun fondo deseñado polo artista Jesús Crende (autor das imaxes de Lugo Apocalíptico, ao que agradecemos a súa desinteresada colaboración) e un cadaleito será posto a dispor da xente que se queira facer unha fotografía.

A Asociación Lugo Monumental, que agrupa a preto dun cento de empresas do casco histórico, fai un notable esforzo neste Samaín e organiza dúas actividades na procura da dinamización do casco histórico e a presenza dos máis pequenos nas nosas rúas.

 

Truco ou trato:

 

46 establecementos do recinto amurallado ofrecerán doces gratis aos nenos que queran participar no Truco ou Trato, unha actividade que ainda que os máis pequenos conocen polo cine, era habitual na cidade no pasado.

 

A actividade terá lugar durante todo o día 31 de outubro (nos horarios de apertura de cada establecemento, o que non permite fixar unha duración común), tanto na mañá como na tarde, xa que o xoves os nenos non teñen colexio. Seguindo cadanseu criterio, os establecementos participantes repartirán aos nenos que vaian disfrazados unhas cestas con forma de cabaza para recoller caramelos, distribuíndose un total de 500 unidades.

 

En cada local se lle darán aos nenos uns poucos caramelos, xa que a intención é que percorran moitos e ao ser tantos os establecementos participantes non se trata de esaxerar a cantidade. A asociación advirte que non se pode responsabilizar das intolerancias alimentarias.

 

Escenario terrorífico:

 

Un fondo creado polo artista Jesús Crende, autor das imaxes de Lugo Apocalíptico (ao que agradecemos a súa desinteresada colaboración), será o decorado para un escenario terrorífico que terá como motivo central un dos seus montaxes, concretamente un da Capela do Carme semi destruida.

 

No medio do escenario haberá sobre unha alfombra negra un cadaleito (será un cadaleito real), unhas cabazas con luz e algún detalle máis para ambientar o que se pretende que sexa un lugar perfecto para facer fotos de Samaín.

 

O escenario estará pola mañá na Praza de Abastos entre as 11:00 e as 14:00 e pola tarde en San Marcos entre as 17:30 e as 21:00 horas.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Lugo Monumental rompe su techo con más de cien de empresas asociadas

November 7, 2019

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo