Lugo Monumental repartirá 1.000 euros en premios á animación de rúa no Antroido

15/02/2019

  • A asociación convoca o VII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, unha cita xa consolidada para atraer ao centro histórico ás cuadrillas que celebran o Antroido.

  • Entregaranse 1.000 euros en tres premios ás comparsas que máis animen o centro histórico da cidade.

Lugo Monumental convoca no día de hoxe o VII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, que terá lugar entre os días 1 e 5 de marzo coa colaboración de 27 locais do centro histórico.

Como todos os anos, este premio está pensado para atraer ao centro ás cuadrillas que celebran o Antroido e que enchen as rúas do colorido, a música, e por que non, a irreverencia propia desta época.

 

Tal e como recollen as bases publicadas hoxe, entenderase como “animación” calquera actividade que as agrupacións participantes consideren oportuna (música, teatro, monicreques, monólogos, maxia, xogos infantís…) e que contribúa a crear diversión e ambiente rueiro no centro histórico de Lugo. Poderanse ter en conta as mellores cancións, disfraces ou presentacións, pero o que máis pesará será a animación creada nas rúas do centro.

 

Como inscribirse? É moi sinxelo:

  1. Para optar ao premio os participantes deberán inscribirse no formulario que será facilitado pola organización e que poderán descargar da web www.lugomonumental.es.

  2. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe e finalizará o día 28 de febreiro ás 24:00 horas. A Organización se reserva a facultade de prorrogar o prazo de inscrición se aprecia circunstancias que xustifiquen esa decisión.

  3. Lugar: Aceptaranse as inscricións presentadas en:

    1. Calquera dos locais participantes na iniciativa (se xunta relación).

    2. Remitidas por correo electrónico á dirección de correo electrónico asociacion@lugomonumental.es.

  4. Representatividade: Cada agrupación designará a un representante, que será o único interlocutor válido coa Organización para todos os efectos. En caso de resultar premiada, a agrupación faculta expresamente ao representante para recoller o premio obtido.

DESCARGA AQUÍ AS BASES COA FOLLA DE INSCRICIÓN
 

Que premios hai?

 

Poderán obterse tres premios:

  • 1º Premio: vales por importe de 600,00 euros

  • 2º Premio vales por importe de 300,00 euros

  • 3º Premio vales por importe de 100,00 euros

Os premios entregaranse en vales de 50,00 euros trocables nas empresas participantes nesta iniciativa e nos asociados a Lugo Monumental.


 

Quen vota aos grupos?

 

Os 27 locais participantes son os que emitirán os seus votos, polo que é importante que os grupos se centren en animar as zonas onde se sitúan os 27 xuíces. Entregaráselles unha listaxe de locais con dereito a voto, que figuran nas bases da convocatoria.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Lugo Monumental rompe su techo con más de cien de empresas asociadas

November 7, 2019

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo