

Lugo Monumental repartirá 1.000 euros en premios á mellor animación de rúa no Antroido
A asociación convoca o VIII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, unha cita xa consolidada para atraer ao centro histórico ás cuadrillas que celebran o Antroido. Entregaranse 1.000 euros en tres premios ás agrupacións ou comparsas que máis animen o centro histórico da cidade. Lugo Monumental convoca no día de hoxe o VIII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, que terá lugar entre os días 22 e 25 de febreiro coa colaboración dos locais do centro histórico. Como todo